Xestión Administrativa

 

Departamentos Municipais

Urbanismo e Obras Públicas.

    As súas principais funcións pasan pola planificación municipal, elaboración de proxectos de ordenación urbana e de velar polo cumprimento das normativas en vigor. Entre as  súas competencias figura a de tramitar licenzas, información e execución de programas urbanísticos (urbanización de rúas, xestión de edificacións municipais), así como a xestión do patrimonio municipal relativo ó solo.

Servizos Sociais, Muller e Familia.

    O seu cometido é o de programar a prestación de atención e servizos que posibiliten a mellora da calidade de vida dos veciños do Pino, especialmente a de aqueles grupos ou persoas que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva. Incide ademais na prevención das causas que están na orixe deste tipo de situacións. Valora demandas, tramita prestacións e recursos a cada caso concreto e ofrece información e orientación sobre dereitos e recursos sociais existentes.

Agricultura e Medio Ambiente

Planificación de estratexias para o mellor aproveitamento e coidado destas áreas. Inspección e control de actividades que atenten contra o contorno. A inspección e tramitación de expedientes de solicitude de funcionamento das actividades que vexan afectadas pola lexislación ambiental. Difusión de iniciativas e programas de desenvolvemento rural.

Promoción Económica e Emprego

    A creación de postos de traballo é o gran reto de cada administración. Esta área fomenta a ubicación de empresas no termo municipal, ó tempo que se promociona á industria e ó comercio local.

Educación

Garantir o dereito á educación de todos os residentes no Pino, preservando a igualdade de oportunidades e o fomento de valores como a convivencia e a solidariedade. Traballar en coordinación con Asociacións de Pais e Nais de Alumnos, Centros Educativos e outras administracións

Cultura,Xuventude e Deportes

   A política nestas áreas fundaméntase ó redor de tres puntais: calidade, diversidade e participación. Materialización de servizos, programas e actividades para todos os gustos e idades. Fomento do uso de instalacións municipais destinadas a tal fin. Potenciación do deporte base.

Relacións vecinais e Política Lingüística.

    Fomento da participación activa dos residentes no Pino no discorrer político do concello. A participación cidadá é un principio básico e inescusable en toda sociedade democrática. En temas de Política Lingüística, o Concello aposta pola difusión do galego, a través dos seus documentos diarios e convocatorias, así como coa oferta de cursos para iniciarse no idioma.

Persoal e Réxime Interno

    As súas competencias refírense á ordenación, regulación e organización dos recursos humanos municipais con funciones definidas. Informa das Ofertas Públicas de Emprego.

   

webmaster@concellodeopino.com

Mapa Web

consellos para a navegación