Servizos do Concello

 

Biblioteca Municipal

Ubicación: Casa do Concello, Pedrouzo, Arca. Un lugar onde encontrar as mellores lecturas, os clásicos das literaturas galega, española e internacional, comparten espazo con obras máis actuais. Ademais, ponse a disposición do público unha ampla oferta de enciclopedias e libros de consulta. Inscrición gratuíta.

Aula de Informática

Ubicación: Biblioteca Municipal. Existe a disposición do público un grupo de ordenadores para realizar todo tipo de consultas na rede.

Piscina municipal (Consultar tarifas)

En Pazos, Arca. Aberta durante o período estival para todos aqueles que queiran combater as altas temperaturas. Dispón de amplas zonas verdes onde tomar o sol ou un refrixerio.

P.A.I. Punto de Atención Á Infancia

Ubicación: Avenida de Santiago, Pedrouzo, Arca. Dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 6 meses e os 3 anos. O P.A.I. está en funcionamento durante todo o ano, excepto durante o mes de agosto e as fins de semana.O seu horario é: Mañás: 09:30-13:30 e Tardes: 16:00-20:00

Centro Médico

En Avenida de Santiago, Pedrouzo, Arca. Funciona en horario de mañá con dous médicos de cabeceira, matrona, ATS e pediatra. Servizo de cita previa no teléfono 981 51 11 96. (Novo edificio en construción nos arredores do colexio público, ó lado da Casa da Cultura).

Casa da Cultura

Próxima inauguración. En Reboredo, Arca, ó lado do Polideportivo Municipal.

Campo de fútbol municipal

Ubicado no lugar de Lameiro, parroquia de Arca. De recente construción, o estadio é un dos mellores de toda a provincia, tal e como recoñecen os galardóns que os seus arquitectos recibiron tras finalizar a obra. No céspede disputa os seus partidos a S.D.O Pino.

Polideportivo Municipal

Ubicación: Pedrouzo, Arca. Un lugar acondicionado para disputar numerosas actividades deportivas. Reservas no l 981 511 002, en horario de mañá.

Servizo de recollida de lixo

Tras a súa adxudicación, realízao a empresa SOL (Servizos, Obras y Limpieza).

A recollida realízase en todo o concello dous días por semana.Nas estradas nacionais, en Pedrouzo e Santiso, lévase a cabo a diario.

En canto á recollida de envases lixeiros, faise cada dúas semanas.

O terceiro mércores de cada mes recóllense enseres máis pesados (a popularmente coñecida como chatarra) e o vidro recóllese quincenalmente, salvo etapas puntuais, cando a frecuencia pasa a ser semanal.

Para contactar con a firma adxudicataria poden chamar ós teléfonos:

981 693 072
609 833 236

Ou enviar un correo electrónico a:

rivasga@navegalia.com

 

Servizo de Augas

Tras a súa adxudicación, en concurso público, a responsable é a empresa Aquagest.

Para comunicar calquera avaría ou resolver dúbidas, o teléfono é:

628 087 459

 

   

Taxas da Piscina Municipal

Entrada diaria: 3’60 euros  

Bono individual (con dereito a 20 entradas):

Residentes:
Adultos: 12 € (0’60 diarios)
Nenoss/as ata 16 anos incluídos: 6 € (0’30 diarios)

Non residentes:
Adultos: 24 € (1’20 diarios)
Nenos/as ata 16 anos incluídos: 12 € (0’60 diarios)

Bono familiar (con dereito a 20 entradas)

Bono padre e madre               15€ (parella 0’75 diarios)
Cota 1º fillo                           6€ (0’30 diarios)
Cota 2º fillo                           3€ (0’15 diarios)
Cota 3º fillo (ou máis)              0€

Nenos menores de 2 anos: ENTRADA GRATIS

 

webmaster@concellodeopino.com

Mapa Web

consellos para a navegación