Xeografía

 
 

X

eograficamente localizamos o concello na latitude 42º54’ Norte, e na lonxitude 8º21’5 Oeste. A súa latitude é de 287 metros sobre o nivel do mar. O seu relevo é suave, pouco accidentado, cunha variabilidade entre os 200 e os 450 metros. As cotas máis altas alcánzanse no  Monte das Minas, de 452 metros ou no castro de San Lourenzo de Pastor, con 412 metros. A capital municipal atópase a 289 metros sobre o nivel do mar.

Seguindo no capítulo natural, o río Tambre é o que traza a división na parte norte do concello. O seu principal afluente é o Mera. Aparece tamén no mapa fluvial o Noa, que nace na parroquia de Pastor e desemboca no propio Tambre. En canto ó clima, é o propio da zona, oceánico e húmido. Acentúase lixeiramente a pluviosidade, que pode alcanzar os 2.000 milímetros anuais.

Evolución Histórica:

En tempos do Antigo Réxime, O Pino pertencía á provincia de Santiago, aínda que  con certas peculiaridades, como veremos máis adiante. Trala promulgación da Constitución de 1812, pasa a integrarse na provincia única de Galiza. Posteriormente, cando Galiza se divide en catro provincias, promúlganse dous reais decretos, un en 1822 e outro en 1833, que sitúan ó concello dentro da provincia da Coruña, á que segue pertencendo.

Previamente, en 1820, a Deputación distribuíu o territorio en partidos xudiciais. Nun principio O Pino incluíuse no de Sar. A súa nomenclatura era a de concello de San Vicenzo do Pino. Máis tarde, cunha nova distribución en 1834, pasamos a formar parte do partido xudicial de Arzúa. Houbo un cambio ó de Santiago en 1965, pero tan só durou 23 anos, xa que a Lei 38/1988 do 28 de decembro pasa de novo O Pino ó partido xudicial de Arzúa.

Nun principio, a comezos do século XIX, cando se promulgan os actuais concellos consititucionais, O Pino non tiña as parroquias que ten agora. Naquel momento eran: Sabugueiro, Pino, Carballal, Castrofeito, Ferreiros (San Breixo), Ferreiros (San Mamede), Beseño, Dodro, Pastor, Oines, Medín, Gonzar, Lardeiros, Cesar, Barciela e Budiño. No Antigo Réxime, O Pino tiña varias parroquias dependentes de seis xurisdiccións. Eran as de Bendaña, Budiño, Cira, Medín, Mesía, Pastor e Lardeiros, todas na provincia de Santiago. A distribución era a seguinte:

xurisdicción Parroquia Señorío

Bendaña

Arca

Rvdo. Arcebispo de Santiago

Id.

Castrofeito

id.

Id.

Pereira

Id.

Budiño

Budiño

Conde de Altamira

Id.

S. Breixo (Ferreiros)

Id.

Id.

S. Mamede (Ferreiros)

Id.

Id.

Pino

Id.

Cira

Cebreiro

Id.

Medín

Medin

D. Diego Leis Riobó e D. Juan Domínguez

Mesía

Cerceda

Rvdo. Arcebispo de Stgo

Id.

Gonzar

Id.

Pastor y Lardeiros

Lardeiros

Marqués de Bóveda y D. Manuel Saco.

Id.

Pastor

Marqués de Bóveda

Se nos situamos no ano 1836, atopamos xa unha distribución similar á que se manten hoxe en día. O 15 de xuño de ese mesmo ano aparecía no BOPCO, no seu número 138, a composición por parroquias do Concello de San Vicente do Pino. Era a seguinte:

Parroquias   Nº de VeciÑos Nº de Almas

Pino

(San Vicente)

55

259

Arca

(Santa Eulalia)

112

560

Pereira

(San Miguel)

49

250

Castrofeito

(Santa María)

54

260

Gonzar

(Santa María)

118

520

Budiño

(Santa María)

75

388

Medín

(San Esteban)

52

286

Lardeiros

(San Julián)

61

357

Pastor

(San Lorenzo)

63

323

Cerceda

(San Miguel)

38

180

Ferreiros

(San Verísimo)

77

371

Ferreiros

(San Mamed)

61

308

Cebreiro

(San Julián)

36

180

 

TOTAL:

851

4.242

Non se produciron variacións posteriores na composición do concello. Si houbo un acordo da Deputación da Coruña en marzo de 1842, sobre a supresión de municipios, no que O Pino teoricamente desaparecería e as súas parroquias distribuiríanse entre Arzúa e o suposto novo concello de Loxo. Un acordo que, á vista está, non chegou a facerse realidade.

Sobre a capital municipal, as citas históricas varían. O Madoz indícanos que o concello celebra as súas sesións na freguesía de San Vicenzo do Pino. O Carreras, que a capital se atopa en Santa Irea, pertencente á parroquia de Arca. Nos diferentes Nomenclátors figuran como capitais: A Igrexa (desde 1.860), Santa Irea (desde 1900) e Pedrouzo. Neste último enclave permaneceu varios anos no inmoble ubicado diante do albergue de peregrinos para, na década dos 70, pasar ó edificio actual.

 

webmaster@concellodeopino.com

Mapa Web

consellos para a navegación