|
Pino atópase practicamente no centro de Galiza, ó sursueste da provincia da Coruña. Ten unha extensión de 132’3 quilómetros cadrados, distribuídos en trece parroquias: Arca, Budiño, Castrofeito, Cebreiro, Cerceda, Gonzar, Lardeiros, Medín, Pastor, Pereira, O Pino, San Mamede y San Breixo de Ferreiros. O Pino forma parte da comarca de Arzúa. Limita ó norte con Frades e Oroso, ó sur con Touro e Boqueixón, ó leste con Arzúa e ó oeste con Santiago de Compostela. Precisamente, é o primeiro municipio que o visitante encontra ó seguir a N-547 desde a capital de Galiza a Lugo, pasando perante o aeroporto internacional de Lavacolla. De feito, varias das pistas da terminal atópanse en territorio do Pino. A capital municipal, O Pedrouzo, dista uns 18 quilómetros de Compostela.
|