Son múltiples as definicións de festa que existen no dicionario. Pero hai unha constante na maioría delas. E é o carácter de reunión que conlevan. Punto de encontro entre veciños e visitantes en días co ánimo máis relaxado e mellor humor. No Pino existen numerosas celebracións, relacionadas sobre todo co capítulo relixioso. Destacan, pola súa concorrencia, as da Madalena, en Castrofeito, o 22 de xullo, e a de San Pedro, en Arca, o 29 de xuño. No apartado gastronómico, a referencia é a xa consolidada Festa do Galo e Mostra Cabalar, que se celebra o primeiro domingo do mes de agosto, tamén en Arca.
 |
| Romería de A Magdalena |
Tanto A Magdalena como a festa de San Pedro son romarías populares, en senllas carballeiras, con un gran poder de convocatoria. A súa estructura é moi semellante, con misa solemne ó mediodía, comida campestre se o tempo o permite, e animadas verbenas. Ambas, A Madalena (22 de xullo) e San Pedro (29 de xuño) están declarados festivos locais. Neste último caso, cabe destacar unha curiosa tradición que se mantén inalterable co paso dos anos. A festa sempre a organiza unha pequena e voluntariosa comisión formada por mozos. De feito, agás algúns apoios recabados a maiores, sufrágase coas aportacións que realizan, na parroquia de Arca, o fillo maior e a filla maior de cada casa até que contraian matrimonio.
|
 |
| "Mostra Cabalar" |
Capítulo aparte merece a concorrida Festa do Galo e Mostra Cabalar, con seis edicións xa ás súas costas. A cita é o primeiro domingo do mes de agosto. Celébrase a Feira dos Galos Vivos, onde un xurado premia ás mellores parellas presentadas ó concurso. Existe unha feira con estands, dáse lectura ó pregón, e trala comida popular protagonizada, como non, polo galo, o público pode extasiarse con diferentes probas, competicións e exhibicións ecuestres.
 |
| Entrega de premios
"Mostra Cabalar" |
|