Gastronomía

Bodegón de platos típicos

Próximamente engadiranse receitas de tódolos restaurantes do Concello

Galo de Corrál

por Mª del Carmen Carrillo, del Restaurante O Pino

 

Ingredientes:

x 1 galo de corral
1 pemento vermello
1 pemento verde
1 pemento do piquillo
1 cebola grande
1 tomate
2 cenouras grandes
1 cabeza de allo
Perexil
Sal
Aceite de oliva
   

Preparación:

  1. Unha vez limpo o galo e troceado, collense os menudillos e cccense para obter un caldo que logo utilizaremos.
  2. O día anterior á preparación, adubaremo-la carne cunha mistura a base de perexil, allo, pemento do piquillo, aceite e sal.
  3. O mesmo día da sua elaboración, douraremo-la carne nunha tixola con aceite de oliva.
  4. Ó terminar, pasaremo-lol galo a unha pota de barro.
  5. Alí engadiremoslle a cebola picada, os pementos, o tomate e as cenouras, tamén todos ben picados.
  6. Refogaremos todo no aceite no que previamente doramos a carne, e ó que engadiremos un chorro de viño brlanco ou un pouco de cervexa.
  7. Se vemos que a carne se reseca, polas suas características, engadiremoslle un pouco do caldo limpo que previamente elaboramos.
  8. Deste xeito, conseguiremos que a carne esté máis xugosa.
  9. Non é necesario engadir corantes, xa que as propias verduras dan a cor, e soltan os seus xugos, có cal engádenlle sabor ó galo.

 

webmaster@concellodeopino.com

Mapa Web

consellos para a navegación