O paseo patrimonial polo Pino depáranos interesantes enclaves para gozar. Destaca a ponte romana situada na parroquia que comparte o seu nome co do concello. Aquí, lugar coñecido como A Ponte Puñide, reta o paso dos anos e dos séculos unha pequena ponte da época romana, situada sobre o río Mera. No seu contorno localizáronse varias pezas romanas, entre elas un importante Modium de bronce con medidas diferentes ás da época, o que leva ós expertos a pensar que se trata de medidas locais adaptadas ás romanas. Está datado entre os anos 360 e 370
 |
Cruceiro de Lardeiros |
A Impronta
Relixiosa
Outro dos puntos de referencia é a coñecida como Catedral da Montaña. Trátase da Igrexa de Lardeiros. Álzase espléndida no horizonte, nun pequeno val, en terras de Montaña- tal e como describiu o poeta Aurelio Ribalta- a paisaxe do Pino. Conxúgase cun dos cruceiros máis interesantes do concello. Sabemos que foi ó redor do ano 1700. Nel se dan a man dúas correntes artísticas tan diferentes como o Neoclásico e o Barroco. O seu pedestal está adornado por unha longa inscrición. No fuste e o capitel destacan os planos rectos e xeométricos que presidían as obras neoclásicas que saían do seu berce compostelán para deixar a súa pegada en terras cercanas, como O Pino. A cruz representa a parte barroca da obra. Nela esculpiuse unha piedade co fillo morto nos brazos e o crucifixo moi separado da cruz.
No Pino é tamén moi visitada a ermida de Santa Irea, en Arca. A pequena pero coidada edificación relixiosa está próxima a unha fonte onde existía unha imaxe da santa que databa do ano 1692. Icono realizado en granito, con algo máis de medio metro de alto. A imaxe foi roubada en 1989. A lenda conta que a auga desta fonte se recollía para as hortas, co fin de acabar con a presenza de pestes. Ademai, dise que Santa Irea cura ós nenos dos seus males e tamén ós que choran demasiado, ó pasar debaixo da súa imaxe na capela. A súa festividade celébrase o 29 de xuño, nunha romaría que tradicionalmente realizan os mozos solteiros da parroquia, o de maior idade de cada familia, ós que corresponde pagar unha cota anual.
Nobles Edificios
En O Pino consérvanse tamén históricos
e señoriais inmobles ligados a linaxes nobiliarias e a familias
fidalgas que se asentaron en diferentes enclaves do municipio. Tres
deles alzanse maxestosos hoxe en día, desafiando ás leis
do pasado e testemuñando nas súas pedras pregos de vivencias e acontecementos
ricos en detalles. Todos eles teñen carácter privado ee non están
abertos, a priori, a visitas turísticas. Existía un cuarto
pazo, o coñecido como Pazo das Dúas Casas (na actual aldea
de A Rúa, na parroquia de Arca), que só conserva o seu
escudo. Existe outro escudo nunha vella casa da parroquia de O Pino,
dunha linaxe que se está investigando.
|
Atópase no lugar de Bermás, na parroquia de O Pino. Tras varios crebos do serpenteante camiño, localizamos o inmoble, que conta nos seus amplos xardíns co maior cedro de Galicia, un magnífico exemplar con 18 metros de altura e 90 centímetros de diámetro na base do tronco.
O conxunto arquitectónico presenta, ademais do edificio principal, un señorial hórreo e unha capela que hai anos foi parcialmente destruída por mor dun incendio. |

|
Ante a entrada principal preséntase, maxestosa, unha avenida natural franqueada por dúas fileiras de árbores que configuran unha desas escenas que levan ó camiñante a unha das evocadoras historias de escritores como Emilia Pardo Bazán e os seus Pazos de Ulloa.Na actualidade, o Pazo é propiedade de D. Manuel Alonso Martínez.

|
Este inmoble é de liñas sinxelas. Déixanos ver un único escudo na súa fachada.A súa antiguidade data do século XVIII e nel vemos o brazo armado de Vilardefrancos, a árbore dos Leis, o lobo dos Moscoso e a torre de Pardiñas ou Riobó.
|
Ó contrario que o pazo anterior, nesta ocasión a liña de mirada aparece interrompida por un alto muro que impide a visión de parte do edificio.

|
No interior do leiro existe un pombal construído a finais do século XVI por Pedro Rey do Barral. O pazo encóntrase na parroquia de Medín.

|
O Pazo ubícase en Arca, a penas a dous quilómetros da Casa Consistorial. O inmenso leiro que rodea o inmoble conserva aínda grandes árbores de diferentes especies. Manto verde e mesto que, por sorpresa, conduce ó impresionante conxunto, tamén de propiedade privada.

|
O seu escudo presenta certo parecido co de Porto Outeiro. Do tellado sobresae un pequeno torreón con amea de recente construción.

|
No interior destaca o xardín, de laboriosa e labiríntica arquitectura botánica a base de vetustas plantas de buxo traballosamente silueteadas.
Na súa entrada exterior encontramos un cruceiro, mentres que a capela se ubica no interior do leiro..

|